jueves, 1 de febrero de 2007

Cando me preguntan só podo dicir: moi bonita! Sería pola compaña, pero estaba máis brillante do que podería imaxinar nunca. E poder vela na súa salsa parisina e falar -alcol mediante para resistir o cansanzo- ata as tantas como cando tiñamos 15 anos. E ver un soriso enorme delas rodeadas de muñecos de trapo ou saltar de ilusión porque nevaba na torre eiffel. E os seus primeiros esforzos en francés, 'un ticket, s'il vous plaît'.

E pisas o chan de novo e xa non te enteras de nada e pos cara de extrañada e de 'por favor, que alguien me lo explique' -frase mítica da juventú, alguna lembrarase entre risas- e daste conta do surrealistas que parecemos dende fóra e alégraste moito de estar dentro. E dos abrazos e os bicos aínda que sexas un toxo porque xa case te acostumas a esas cousas e só te levou catro anos -lasvimásrápidas-.
E ves un grupo sentado ao fondo, case 20 persoas arredor dunha mesa de catro, hombro con hombro, e 'van ser eles' porque son os máis escandalosos e os que fan que mereza a pena ser cada día un pouco menos toxo.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

La raíz del toxo verde (bis) tes mui mala de arrincareeee ;)jejeje

Anónimo dijo...

Grazas por formar parte dese grupo... encántame q cada vez sexas menos "toxo" coma ti dis, porque eu que son máis ben (Versión Risto) "mimosín", encántame. Bikos mil wapa. Grazas x estar...

Caufield dijo...

máis vale tarde ca nunca
lara(c) e xela deséxanlle feliz estancia no hotel da festa!. Esperamos na recepción do Porrón -sempre-. Alegrámonos de tela de volta por aquí, xa se botaba de menos (somos tu glucosa, pastelada de duro)

oko dijo...

e non me digas que cando esteas na plaza de san pedro ríndote das rebequitas e das bateas, non nos vas botar de menos -para que certos dous suxeitos fagan a medias un ahítevoy-, a nós que nese momento estaremos no mercado de candem mercando trapitos e joyas dicindo cousas como que-mala-novia-eres-que-vas-a-londres-sin-tu-novio!!!!

pero, de verdade non botas de menos o porrón??? e só hai unha semana que on imos
ainz ainz, que enfermedá

(e non eres toxo, e con tirantes dan ganas de comerteeeeeeee)