lunes, 18 de diciembre de 2006

About me

"Sweet Loretta Martin thought she was a woman
But she was another man"

Sí, pero ao revés. Eu non me quixen enterar de que non era un rapaz até que me descubrín maquillándome diante dun espello e pelexándome a hostia limpa cun rapaz sen motivo aparente. E nese momento pareceume inxusto porque disfrutaba cando quería ser un neno. Quería selo para non ter que sentarme como "unha señorita", porque o meu avó usaba o taladro e o martelo no seu taller mentres a miña avoa fregaba os platos, porque as miñas tías obrigábanme a limpar o xardín mentres que o meu pai me deixaba cortar todos os dedos con lá de aceiro, porque cando tirábamos os zapatos á cara no medio do monte os meus non chegaban coa forza suficiente, porque sempre me costou horrores subir ás árbores, porque pedía "cuchillos para matar" e vez de barbies as que só lles podías cortar o pelo unha vez, porque meu pai me regalaba coches teledirigidos, scalextrix e games boys, porque crecín rodeada de nenos aos que adoraba mentres que non podía soportar á miña irmá -había que cargar sempre con ela e como era pequena non podía facer moitas cousas-, porque se eu caída de morros coa bici era unha trosma pero se o facía meu curmán era un salvaxe, porque tiña que poñer falda cada dous por tres e porque sí, sen máis motivos e porque sempre me perseguíu o pichi do colexio, porque as nenas non sabían inventarse xogos hoxe propios do jackass, porque sempre te escollían de última se querías xogar ao fútbol. E tantas outras cousas. Por iso hoxe asústome de que quera ir probar un vestido de 1200 euros -dixen probar- só por ver como me queda. Na miña defensa direi que é precioso -aínda que non diría iso con oito anos-.


"sweet loretta fat thought she was a cleaner
but she was a frying pan"

miércoles, 13 de diciembre de 2006

De onde non hai vergonza non se pode sacar

Fraga said: "La cuestión es examinar históricamente el asunto. Intervino un militar, ya se supone que siempre tiene aspectos violentos. Lo que no hay duda es que todavía tiene unos partidarios Pinochet. Podía haber cometido algunos excesos pero, en principio, dejaba un país mejor de lo que se lo había encontrado"

El quedou sen xuzgar e ti nunca tiveches xuízo. A cuestión é examinar se temos vergonza ou non. E despois de dicir iso, está claro que non (aínda que ti sempre insistiches en deixalo ben claro). Pero aínda queda tempo para:
"Había un régimen de un señor, Allende, que con todos mis respetos murió en medio de todo esto, que había dejado el país en el caos total"
Claro que morreu, pero cunha arma na cara, non na cama coma un rei. Que merda de laissez faire, laissez passer.

lunes, 11 de diciembre de 2006

Porque

Porque lo único útil que hice en el puente fue releerlo. Y porque se murió de rositas otro Gran Hermano más. Y para la distópica. Y porque Orwell vivió en Portobello Road. Siempre fue listo.

domingo, 3 de diciembre de 2006

Como me gusta ser vaga

Si. Síntoo, pero disfruto afundindo o cú no sofá co rato do ordenador nunha man, o mando da tele noutra, os cascos nas orellas, un libro nos xeonllos e comendo chocolate, surtido cuétara e [outra vez] mandarinas -[sí, todo á vez]-. Como vedes así é imposible aburrirse. Tamén é imposible facer nada ás dereitas. Pero de cando en vez á agradable non facer nada -ou facelo todo- e regresar as tardes de domingo de cando era pequena. Só falta a chuvia -que tampouco fai falla que xa tiven dabondo- e carrusel deportivo co fútbol. Non era tan pequena como na foto -evidentemente- pero meu pai sempre me di: con lo guapiña que eras! En plan: que pena que seas tan fea ahora. Todo sinceridad, oiga.
Pero o básico é o de sempre, porque boto de menos ás veces ser unha chinorrita -guiño coruñento-? se non facía nada productivo! Pero se estaba tan ben...........................................................................

Cambio de tema para unha pregunta xeral para competir ca de audiovisual: considerades 'A propósito de Henry' como unha película básica dos 90? É para gañar a de audiovisual nesa macro lista que nos propuxemos. Al rico pique!!