martes, 26 de junio de 2007

Simbolicamente, o último

Simbolicamente, porque hai quen me agarda en setembro, pero a sensación que levo dentro di que é o derradeiro, que non volverá haber ningún máis así. Dá pena, pero da pena imos pasar á festa viño mediante. Porque xa que hai que despedirse que sexa con elementos purificadores polo medio. Diría un mapache: Lucy in the sky with diamonds e para qué levarlle a contraria. Se ten que rematar, que sexa con festa.

P.D.: Nena, xa escribín o derradeiro parágrafo, con calma.
P.D.2: Menos mal que vos non vos non vos ides por moito tempo e imos ter visitas todo o verán...

miércoles, 20 de junio de 2007

Só son dez minutos de ilusión pero non haberá que me quite o sorriso da boca. Quizais só o medo a desperdiciar a oportunidade, a meter a pata, de non estar á altura, a sair coa sensación das cousas feitas a medias... Non sei, ten case a idade da miña abuela, seguro que ten achaques e non dá durmido ben polas noites... pode ser, pero dá medo enfrontarse a el.