martes, 27 de febrero de 2007


Algunhas cousas aparecen borrosas como os trazos da fotografía, pero outras non se me despegaron aínda da suela dos zapatos e todavía as arrastro polas pedras de Santiago.
Non é nada malo. Pódense levar ata 15 kilos de equipaxe e eu aínda non rematei de encher a maleta. Ademais, sempre podo pagar sobrepeso -ata 20 kilos-. Aínda que os recordos adoitan ser bastante lixeiros, levo varios anos escollendo entre a morea que se me ofrecen porque ante tanta variedade, unha non sabe con cal quedar. A banda sonora orixinal dos 21 xa vai quedando atrás, pero sempre podo pedir un bis dunha 'cover' porque, ao fin e ao cabo e con variacións, os protas son coñecidos, amigos vaia, e malo será que vos neguedes a outro ano de bolos por aí adiante. Haberá que renovar as performances. E eu poñerei todo o meu empeño.
Grazas pola festa.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Por moitas fotos, moitos cumpreanos e moitos recordos máis ao teu lado! Grazas a ti por estar ahí!Merecías iso e moito máis...
Nós só facemos e participamos no que ti te mereces... Coidado coas nécoras-imán asasinas... jajaja

Anónimo dijo...

merecías unha festa moitísimo millor!!!
e, igual que a mona de audiovisual, brindo por unha e un millón de festas máis para celebrar todos os invernos que miren pasar os nosos ollos!!!

Madeleine dijo...

Menos mal que a foto está borrosa. Que dicir, eu estou guapísima igualmente, claro, pero de estar nítida tería que denunciarte por dereitos de imaxe. Sálvaste por esta vez ;)