But she was another man"
Sí, pero ao revés. Eu non me quixen enterar de que non era un rapaz até que me descubrín maquillándome diante dun espello e pelexándome a hostia limpa cun rapaz sen motivo aparente. E nese momento pareceume inxusto porque disfrutaba cando quería ser un neno. Quería selo para non ter que sentarme como "unha señorita", porque o meu avó usaba o taladro e o martelo no seu taller mentres a miña avoa fregaba os platos, porque as miñas tías obrigábanme a limpar o xardín mentres que o meu pai me deixaba cortar todos os dedos con lá de aceiro, porque cando tirábamos os zapatos á cara no medio do monte os meus non chegaban coa forza suficiente, porque sempre me costou horrores subir ás árbores, porque pedía "cuchillos para matar" e vez de barbies as que só lles podías cortar o pelo unha vez, porque meu pai me regalaba coches teledirigidos, scalextrix e games boys, porque crecín rodeada de nenos aos que adoraba mentres que non podía soportar á miña irmá -había que cargar sempre con ela e como era pequena non podía facer moitas cousas-, porque se eu caída de morros coa bici era unha trosma pero se o facía meu curmán era un salvaxe, porque tiña que poñer falda cada dous por tres e porque sí, sen máis motivos e porque sempre me perseguíu o pichi do colexio, porque as nenas non sabían inventarse xogos hoxe propios do jackass, porque sempre te escollían de última se querías xogar ao fútbol. E tantas outras cousas. Por iso hoxe asústome de que quera ir probar un vestido de 1200 euros -dixen probar- só por ver como me queda. Na miña defensa direi que é precioso -aínda que non diría iso con oito anos-.
"sweet loretta fat thought she was a cleaner
but she was a frying pan"
4 comentarios:
A colocación dos pronomes. Seino...
eu de nena estaba contentísima de selo, de poder levar vestidos, o máis rosa posibles, e xogar con bonecas e buscar moos entre os amigos da miña prima maior. Decateime hai non demasiado que, en realidade, eu son o fillo que os meus pais non tiveron, e abriu a crise de identidade. Aínda ando á procura de quen son...
Oko... era sabido. Pois se cadra eu intentaba ser máis neno ca vostede, sweet loretta. Rabiaba con que os nenos puidesen mexar de pé en calquera lado, que lles regalasen coches teledirixidos e que fosen escollidos para xogar ó balonmano sempre só por ter colgoide. Francamente, paréceme fatal
Gústame a historia de Sweet Loretta...
:)
encantada de atopar o teu blogue
Publicar un comentario