Algunhas cousas aparecen borrosas como os trazos da fotografía, pero outras non se me despegaron aínda da suela dos zapatos e todavía as arrastro polas pedras de Santiago.
Non é nada malo. Pódense levar ata 15 kilos de equipaxe e eu aínda non rematei de encher a maleta. Ademais, sempre podo pagar sobrepeso -ata 20 kilos-. Aínda que os recordos adoitan ser bastante lixeiros, levo varios anos escollendo entre a morea que se me ofrecen porque ante tanta variedade, unha non sabe con cal quedar. A banda sonora orixinal dos 21 xa vai quedando atrás, pero sempre podo pedir un bis dunha 'cover' porque, ao fin e ao cabo e con variacións, os protas son coñecidos, amigos vaia, e malo será que vos neguedes a outro ano de bolos por aí adiante. Haberá que renovar as performances. E eu poñerei todo o meu empeño.
Grazas pola festa.